viernes, julio 14, 2006

A deslocalización no sector do Telemárketing ameaza o emprego en Galiza

A compañía de telecomunicacións Jazztel deslocaliza os servizos de atención ao cliente cara a Arxentina. Estes servizos estaban subcontratados con Teleperfomance e Stream, empresas do sector de telemárketing situadas na cidade de A Coruña, o que supón un problema para o emprego, segundo denuncia a CIG.


(jueves 13 de julio de 2006)
XORNAL I A Coruña.- No mes de xuño Teleperformance procedeu ao despedimento dunha gran parte do persoal; agora é Stream a que ten anunciado a súa restruturación. Esta deslocalización traducirase en ata 600 despedimentos nesta cidade.

Non se trata dun caso illado, segundo denuncia a CIG; a maior parte das empresas deste sector teñen en marcha plans de deslocalización coa colaboración do Goberno español.

A central sindical insiste en que este sector emerxente dá emprego cada día a un maior número de galegas e galegos. A carencia de dados oficiais e as altas taxas de temporalidade fan difícil cuantificar o número de traballadores e traballadoras; en todo caso nos momentos álxidos superan as 8.000 persoas.

A maior parte das empresas do telemárketing que teñen centros de traballo en Galiza, teñen apostado pola deslocalización, unha fuxida a países menos desenvolvidos con menores custes salariais e menor protección social. Todo coa colaboración do Goberno español, que a través da Axencia Estatal de Protección de Dados (AEPD) vén de salvar os últimos atrancos, segundo denuncia o sindicato nacionalista.

Nunha nota feita pública hoxe, a CIG indica que estas empresas traballan con bases de dados dos clientes e dos potenciais clientes das empresas matrices, dados confidenciais que van dende nome, enderezo, DNI ou incluso dados económicos e bancarios, polo que teñen que cumprir o establecido na Lei Orgánica de Protección de Dados.

Segundo a súa opinión, ao longo dos últimos anos o Goberno español a través da AEPD está colaborando cos países receptores destas deslocalizacións para que a Unión Europea os declare países seguros e, polo tanto, aos que se pode transferir dados dos clientes sen autorización previa.

A CIG calcula que Jazztel pode hoxe despedir na cidade de A Coruña e deslocalizar o traballo a Arxentina despois de que a AEPD “colaborase intensamente” para que ese país fose recoñecido pola Unión Europea como destino seguro.

Pero a complicidade da AEPD vai máis alá, xa que anteriormente ten autorizado o envío de bases de dados de potenciais clientes de Jazztel a Colombia, país inmerso nunha guerra civil, cun gran número de mafias organizadas e cun alto nivel de inseguridade, din os sindicalista. Para beneficio de Jazztel, os dados confidenciais de calquera persoa poden estar en Colombia sen o seu consentimento.

A Confederación Intersindical Galega oponse a esta vaga de deslocalizacións que ameaza o emprego no sector, e esixe ó goberno do Estado que cese a colaboración e complicidade da Axencia Española de Protección de Dados coas grandes empresas.

Ademási, dende a CIG fan un chamamento á cidadanía galega en xeral e aos traballadores e traballadoras en particular para que deixen de ser clientes de Jazztel como resposta fronte a estes despedimentos inxustos.

Fuente: http://www.xornal.com/article.php3?sid=20060713140607

Nota: Aclarar que el llamamiento que se realiza en el último parrafo para que los clientes de jazztel se den de baja, es realizado por la CIG, ningún otro sindicato Ni el colectivo que organiza la concentración del sabado en maria pita (a coruña) ha realizado dicho llamamiento a la baja del servicio en jazztel. Indicar también que no me ha sido posible encontrar dicho comunicado completo online en la web de la CIG.