lunes, agosto 07, 2006

La CIG denuncia a Jazztel ante la Agencia Estatal de Protección de Datos

A Confederación Intersindical Galega (CIG) ven de presentar unha denuncia contra Jazztel ante a Axencia Estatal de Protección de Datos por un posible fraude e ten solicitado que paralice as autorizacións de transferencia de datos para Argentina outorgada a esta empresa. "O pasado mes de abril Jazztel despedía a máis de 100 traballadores da súa plataforma arxentina Jazzplat alegando un suposto fraude masivo a clientes residentes en España", lembra a CIG. “Un mes despois o persoal das subcontratas de Jazztel na Coruña coñecían que habían de ser despedidos como consecuencia da decisión da empresa de trasladar todos os servizos ao centro argentino acusado de fraude masivo”, advirte esta organización sindical.

Os teleoperadores argentinos traballaban a comisión e o fraude afectaba a residentes en España que eran dados de alta como clientes de Jazztel sen outorgar o seu consentimento, segundo informa a CIG. Detalla o sindicato que para isto “usaban os datos de potenciais clientes transferidos a Arxentina por Jazztel co visto bo da Axencia Estatal de Protección de Datos”. Agora, Jazztel traslada os seus servizos a este país orixinando o despido de 700 persoas na cidade da Coruña, que daban servizo por medio das subcontratas Teleperformance e Stream.

Na súa denuncia a CIG solicita a apertura dunha investigación polo fraude alegado por Jazztel para despedir ao seu persoal en Argentina e a paralización das autorizacións de transferencias de datos de cidadáns españois a este país sen o seu consentimento.

Esta actuación enmárcase no conflito contra a deslocalización do sector do telemárketing, e en concreto, contra dos despedimentos de 700 traballadores na cidade herculina.


Fuente: Xornal.Com